Boas:
Eu non o entendín así a resposta, entendín
espazado é o participio e tamén adxectivo máis non substantivo
espazamento é substantivo
O mesmo pasa con agravar
agravado: participio
agravamento: substantivo
Sobre o de responder, teño que dicir que nos últimos meses levo
bastantes consultas e están a responder case no día.
Outra cousa son a rigorosidade e calidade das respostas.
On 25/10/14 05:41, Anton Meixome wrote:
A forma “espazado” está incluída no Dicionario e recóllese como
participio e adxectivo, pero non como substantivo.
Á parte diso, tendo en conta que o sufixo –mento é un recurso habitual
para a derivación de substantivos a partir de verbos, que en xeral se
prefire para as formacións novas, e que é o que aparece en obras de
consulta ata o momento
(https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm? ),
parece unha opción máis válida “espazamento”, tomándoo coa precaución
dunha forma non referendada polo de agora por parte da normativa.
Exactamente esa era o meu razoamento lingüístico pero... no meu
pensamento non entraba a existencia de espazado, nin adxectivo nin
participio (que é o mesmo) porque non se recollía no dicionario. Isto
é un invento:
https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#33786926
(se te dás de conta, aparece como substantivo)
Ao aparecer agora para a RAG espazar-espazado (agora adxectivo), pois
a ver se se aclaran. Só en palabras moi patrimoniais pode darse que o
participio sexa dobre ou diferente do substantivo:
fritir-fritido/frito, cinguir-cinguido/cinto
Eu non vexo coherente en absoluto o dobrete
espazar-espazado/espazamento (=desprazar-desprazado, comezar-comezo,
fornecer-fornecemento, agravar-agravamento, etc)
Que sorprendido estou de que che respondan algo.
En canto ao seu ofrecemento de colaboración, será transmitido aos
responsables da institución porque desde logo é unha necesidade a
contribución de especialistas nos distintos campos que acheguen os
seus coñecementos e experiencias, e unha satisfacción recibir
ofrecementos neste sentido. Moitas grazas.
Atentamente,
Seminario de Lexicografía
Real Academia Galega (RAG)
Rúa Tabernas, 11
Apartado de Correo 557
15001 - A Coruña
Teléfono: 981 20 73 08
Fax: 981 21 64 67
secretaria@realacademiagalega.org
www.realacademiagalega.org
Nota: Esta resposta foi elaborada polos servizos lingüísticos do
Seminario de Lexicografía, e non representa un ditame nin unha
decisión formal da Real Academia Galega.
O 23 outubro 2014 12:25, damufo@gmail.com <damufo@gmail.com> escribiu:
Boas:
Penso que sería bo preguntar á RAG.
On 23/10/14 11:01, Leandro Regueiro wrote:
O 23 outubro 2014 10:57, Anton Meixome <meixome@certima.net> escribiu:
Ola Leandro,
A ver, se o verbo é «espazar» e tanto o participio coma o adxectivo
son «espazado» así como toda a familia léxica ten a base espaz- (agás
os que derivan de espacial) e *espazamento non está recollido en
ningures... é evidente que a substantivación do adxectivo vai dar o
substantivo «espazado».
Isto é o que eu non vexo tan claro. Por iso dicía de preguntarlles
para ver se o aclaran e de paso o inclúen no DRAG.
E con respecto á definición tamén é evidente que tomaron unha decisión
moi firme de obrigar a utilizar esta forma para como indican tanto
espazador
http://www.realacademiagalega.org/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1&id=1143850
a condena de *espaciar
http://www.realacademiagalega.org/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1&id=1143773
ou o exemplo explícito na acepción 7 de «espazo»
[def.]Distancia que separa dous puntos ou dous obxectos
Deixa máis espazo entre liña e liña
Non sei, se queres pregunta pero é perder o tempo. Niso é no que me baso.
Apertas,
Antón
P.S. Outra cousa moi distinta é que a min non me guste ou me pareza
unha decisión un tanto bruta, contraria á tradición terminolóxica dos
últimos 25 anos e anti harmónica co portugués para favorecer a que cae
do lado castelán.
Xa, iso tamén.
Deica
2014-10-23 10:27 GMT+02:00 Leandro Regueiro <leandro.regueiro@gmail.com>:
O 23 outubro 2014 02:22, Anton Meixome <meixome@certima.net> escribiu:
Perdón
de *Sangría e espazamento → Sangrado e espazado
(como andan as cabezas)
O de «sangría» →«sangrado» véxoo ben, pero «espazado»? É certo que
«espazamento» non aparece por ningures, pero aínda así non sei moi ben
en que te baseas porque en
http://academia.gal/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1&id=1143849
non vexo ningún substantivo.
Supoño que sería cuestión de contactar coa xente do DRAG e preguntar
pola solución axeitada xa que «espazar» si que ten un exemplo que acae
ben ao de separar palabras:
http://academia.gal/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1&id=1143851
Deica
2014-10-23 2:22 GMT+02:00 Anton Meixome <meixome@certima.net>:
Nota:
Entre varios outros detalles menores cambiouse
Indent & spacing = de *Sangría e espazamento → Sangrado e espazamento
Por mellor adaptación á norma RAG
2014-10-21 19:23 GMT+02:00 Anton Meixome <meixome@certima.net>:
Vale,
Vou deixalo así, facendo unha variación: master password como chave
mestra pero master document como documento principal. O interesante
de
"mestre" é que permite utilizar a mesma letra para aceleradores de
teclado.
Protected _by a master password (recommended)
Protexidos mediante un contrasinal _mestre (recomendado)
Master Form
Formulario principal
Master Pages
Páxinas principais
~Master
~Principal
etc.
2014-10-15 12:28 GMT+02:00 Anton Meixome <meixome@certima.net>:
Iso é o que digo,
Como non son o único en traducir e atopo certas incoherencias ou
necesidades de perfeccionamento (en todo caso responsabilidade miña)
quero realzar estes acordos para que sexan explícitos e os
apliquemos
en todas partes. A tradución é moi grande, en gran parte herdada de
varias mans ao longo do tempo e hai que manter unha vixilancia
constante. Vamos, que a min non me chega con chegar simplemente ao
100% da IU.
2014-10-15 11:34 GMT+02:00 Leandro Regueiro
<leandro.regueiro@gmail.com>:
2014-10-15 11:04 GMT+02:00 Anton Meixome <meixome@certima.net>:
Ola,
Como veredes máis abaixo, está a rente de saír unha nova versión
importante (das de tres números).
Probádea. E o momento de repasar e ver cantas corrección serían
necesarias para optimizar a tradución da interface.
Solicito axuda especialmente sobre as faltas de concordancia entre
o
obxecto e o xénero masculino ou feminino que corresponde así como
sobre o tamaño ou estilo da cadea traducida (ás veces sobra espazo
e
non é necesario abreviar nin utilizar lingua telegráfica). Tamén
hai
que repasar a conciencia o das teclas aceleradoras, sobre todo nos
formularios de funcionalidades, máis ca nos menús.
Finalmente, para o asentamento definitivo da terminoloxía debemos
decidir algunhas cousas como
master document > documento principal / mestre
Eu diría "documento principal" sendo os outros "documentos
secundarios"
grid > grade / gradicela
Creo que isto xa está acordado como "grade":
*
http://academia.gal/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=grade
*
http://people.trasno.net/~common/resultados_trasnadas/prontuario-descomprimido/html_trasnadas.html
Por suposto tamén é un chamamento á tradución da páxina do wikii
de
novas funcionalidades, polo menos se queredes aparecer nos
créditos
https://translations.documentfoundation.org/about/contributors/
Ah, para o meu colega, o anonymous user, sempre atento, grazas.
:-D
Galego
Terminology
Antón Méixome
any anonymous user
Website
Antón Méixome
any anonymous user
mbouzada
Impress Remote (Android)
Antón Méixome
Xosé
LibreOffice 4.1 – UI
Antón Méixome
LibreOffice 4.2 – UI
Antón Méixome
LibreOffice 4.3 – UI
Adolfo Jayme Barrientos
Antón Méixome
any anonymous user
marcos
roirosal
unho
Xosé
LibreOffice 4.3 – Help
Antón Méixome
any anonymous user
Cristina Uceda Camba
Ferran Vidal i Marginet
roirosal
serval2412
unho
Xosé
---------- Forwarded message ----------
From: Christian Lohmaier <lohmaier@googlemail.com>
Date: 2014-10-15 9:33 GMT+02:00
Subject: [ANN] LIbreOffice 4.3.3 RC1 available
To: libreoffice-dev <libreoffice@lists.freedesktop.org>,
Libreoffice
ln10 <l10n@global.libreoffice.org>,
"projects@global.libreoffice.org"
<projects@global.libreoffice.org>, libreOffice-QA
<libreoffice-qa@lists.freedesktop.org>
Dear Community,
The Document Foundation is pleased to announce the first release
candidate of LibreOffice 4.3.3. The upcoming 4.3.3 will be the
third
in a sequence of frequent bugfix release for our feature-packed
4.3
line. Please be aware that LibreOffice 4.3.3 RC1 is not been
flagged
as ready for production use yet, however feel free to give it a
try
instead of 4.3.2.
A work-in-progress list of new features in LibreOffice 4.3 can be
found at https://wiki.documentfoundation.org/ReleaseNotes/4.3
The release is available for Windows, Linux and Mac OS X from our
QA
builds download page at
http://www.libreoffice.org/download/pre-releases/
Developers and QA might also be interested in the symbol server
for
windows debug information (see the release notes linked below for
details)
Should you find bugs, please report them to the FreeDesktop
Bugzilla:
https://bugs.freedesktop.org
A good way to assess the release candidate quality is to run some
specific manual tests on it, our TCM wiki page has more details:
http://wiki.documentfoundation.org/QA/Testing/Regression_Tests#Full_Regression_Test
For other ways to get involved with this exciting project - you
can
e.g. contribute code:
http://www.libreoffice.org/community/developers/
translate LibreOffice to your language:
http://wiki.documentfoundation.org/LibreOffice_Localization_Guide
or help with funding our operations:
http://donate.libreoffice.org/
A list of known issues and fixed bugs with 4.3.3 RC1 is available
from our wiki:
http://wiki.documentfoundation.org/Releases/4.3.3/RC1
Let us close again with a BIG Thank You! to all of you having
contributed to the LibreOffice project - this release would not
have
been possible without your help.
On behalf of the Community,
Christian
_______________________________________________
LibreOffice mailing list
LibreOffice@lists.freedesktop.org
http://lists.freedesktop.org/mailman/listinfo/libreoffice
--
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Galician community LibO & AOO
--
Correo a discuss+unsubscribe@gl.libreoffice.org para saber como
desubscribirse
O arquivo está dispoñible en
http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se
poderán borrar
--
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Galician community LibO & AOO
--
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Galician community LibO & AOO
--
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Galician community LibO & AOO
--
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Galician community LibO & AOO
--
Correo a discuss+unsubscribe@gl.libreoffice.org para saber como
desubscribirse
O arquivo está dispoñible en
http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán
borrar
--
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Galician community LibO & AOO
--
Correo a discuss+unsubscribe@gl.libreoffice.org para saber como
desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán
borrar
--
Correo a discuss+unsubscribe@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
--
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Galician community LibO & AOO
--
Correo a discuss+unsubscribe@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
Context
- Re: [gl-discuss] Fwd: [ANN] LIbreOffice 4.3.3 RC1 available (continued)
Privacy Policy |
Impressum (Legal Info) |
Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images
on this website are licensed under the
Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License.
This does not include the source code of LibreOffice, which is
licensed under the Mozilla Public License (
MPLv2).
"LibreOffice" and "The Document Foundation" are
registered trademarks of their corresponding registered owners or are
in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective
logos and icons are also subject to international copyright laws. Use
thereof is explained in our
trademark policy.