Xa, entendo que non é un comportamento desexado por todos os usuarios. De
aí que suxerise incluílo entre as opcións de numeración que xa existen,
como a escolla dos distintos tipos de cirílico ou grego. Eu mesmo podería
precisar unha numeración empregando o castelán e non coido que fose
desexable ter que cambiar a localización de LibreOffice cada vez que queira
cambiar de lingua.
Non sei como responder á tradución de textos numerados do galego ó
castelán. Só sei que na lei que me toca empregar teño uns obxectivos legais
numerados e a Xunta escolleu o alfabeto galego para iso, polo que estou
obrigado a respectar esa numeración.
De momento, e como isto corre présa, numerarei a man. O anterior déixoo
como proposta, xa que supoño que non serei o único que desexa ese
funcionamento, aínda que entendo que pode ser complexo de solucionar.
Un saúdo e moitas grazas pola resposta, ademais de pola tradución e
localización ó galego que realizades, é un gusto poder empregar LibreOffice
na nosa lingua.
Ismael Ordóñez.
O 01:18 do 10 de marzo de 2017, Anton Meixome <meixome@certima.net>
escribiu:
Ah, esquecíame de dar outra solución obvia dado que non todos queremos
o mesmo comportamento na ordenación alfabética automática e a RAG
aínda non ten normas sobre ortotipografía nin é de esperar que as faga
nunca.
A solución é utilizar a ordenación manual.
2017-03-10 1:12 GMT+01:00 Anton Meixome <meixome@certima.net>:
Ola Isma,
Interesante cuestión aínda que non lle demos a importancia que seguro
que ten para as traducións técnicas coma a xurídica.
Podo preguntar, como resolves ti se fas unha tradución do castelán ao
galego para manter a correlación de letras?
Para outros usuario seguramente sexa mellor manter o actual:
"Na ordenación de parágrafos con letras utilizaranse todas as letras
simples do alfabeto, incluídas o «j», o «ñ» e o «w», pero non os
dígrafos «ch» e «ll»."
Manual de Estilo do DOG
http://wikidog.xunta.es/index.php/Elementos_constantes_da_
estrutura_xeral_dos_textos
Efectivamente, o alfabeto que utiliza Writer e calquera outra
ferramenta de LibreOffice non é estritamente o galego, que ten 23
letras, entre as que non esta ordinariamente "j" nin "k" nin "y" pero
si "ñ"
Daríaste conta que o alfabeto que utiliza é o portugués, de 26, sen
"ñ" nin "ç" pero con k,j, y
Isto non é un problema de tradución senón de "localización" de
configuración, como o tipo de moeda, o calendario, os decimais, etc.
Probablemente teñas razón e haxa que facer por introducir o alfabeto
galego entre as opcións.
Un saúdo,
Antón Méixome
Responsable de tradución de LibreOffice
2017-02-17 13:13 GMT+01:00 Isma Ordóñez <isorfe@gmail.com>:
Ola,
Cando se enumera con letras en writter, esta emprega un abecedario
distinto
ó galego, aparecendo a j cando esta letra non existe no noso idioma.
Normalmente non sería un problema, pero estou transcribindo un texto
legal
e non podo empregala.
Supoño que xa se preguntou antes por isto, pero por se acaso envíoo.
Tamén
probablemente este non sexa o sitio onde preguntar por isto, pero non
atopei ningún mellor.
Unha posible solución para non afectar as enumeracións en castelán sería
incluir o alfabeto galego como opción, ó igual que o búlgaro.
Saudos e moitas grazas polo voso tempo.
Ismael Ordóñez.
--
Correo a users+unsubscribe@gl.libreoffice.org para saber como
desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.
libreoffice.org/gl/users/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán
borrar
--
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Galician community LibO & AOO
--
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Galician community LibO & AOO
--
Correo a users+unsubscribe@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/users/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
Context
Privacy Policy |
Impressum (Legal Info) |
Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images
on this website are licensed under the
Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License.
This does not include the source code of LibreOffice, which is
licensed under the Mozilla Public License (
MPLv2).
"LibreOffice" and "The Document Foundation" are
registered trademarks of their corresponding registered owners or are
in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective
logos and icons are also subject to international copyright laws. Use
thereof is explained in our
trademark policy.