Date: prev next · Thread: first prev next last


Ola Isma,

Interesante cuestión aínda que non lle demos a importancia que seguro
que ten para as traducións técnicas coma a xurídica.

Podo preguntar, como resolves ti se fas unha tradución do castelán ao
galego para manter a correlación de letras?

Para outros usuario seguramente sexa mellor manter o actual:
"Na ordenación de parágrafos con letras utilizaranse todas as letras
simples do alfabeto, incluídas o «j», o «ñ» e o «w», pero non os
dígrafos «ch» e «ll»."

Manual de Estilo do DOG
http://wikidog.xunta.es/index.php/Elementos_constantes_da_estrutura_xeral_dos_textos


Efectivamente, o alfabeto que utiliza Writer e calquera outra
ferramenta de LibreOffice non é estritamente o galego, que ten 23
letras, entre as que non esta ordinariamente  "j" nin "k" nin "y" pero
si  "ñ"

Daríaste conta que o alfabeto que utiliza é o portugués, de 26, sen
"ñ" nin "ç"  pero con k,j, y

Isto non é un problema de tradución senón de "localización" de
configuración, como o tipo de moeda, o calendario, os decimais, etc.

Probablemente teñas razón e haxa que facer por introducir o alfabeto
galego entre as opcións.

Un saúdo,

Antón Méixome
Responsable de tradución de LibreOffice




2017-02-17 13:13 GMT+01:00 Isma Ordóñez <isorfe@gmail.com>:
Ola,

Cando se enumera con letras en writter, esta emprega un abecedario distinto
ó galego, aparecendo a j cando esta letra non existe no noso idioma.
Normalmente non sería un problema, pero estou transcribindo un texto legal
e non podo empregala.

Supoño que xa se preguntou antes por isto, pero por se acaso envíoo. Tamén
probablemente este non sexa o sitio onde preguntar por isto, pero non
atopei ningún mellor.

Unha posible solución para non afectar as enumeracións en castelán sería
incluir o alfabeto galego como opción, ó igual que o búlgaro.

Saudos e moitas grazas polo voso tempo.

Ismael Ordóñez.

--
Correo a users+unsubscribe@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/users/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar



-- 
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Galician community LibO & AOO

-- 
Correo a users+unsubscribe@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/users/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Context


Privacy Policy | Impressum (Legal Info) | Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images on this website are licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License. This does not include the source code of LibreOffice, which is licensed under the Mozilla Public License (MPLv2). "LibreOffice" and "The Document Foundation" are registered trademarks of their corresponding registered owners or are in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective logos and icons are also subject to international copyright laws. Use thereof is explained in our trademark policy.