Ola,
Chámome Xusto Rodríguez e quería facervos unha consulta sobre un problema
que me apareceu nesta versión de LOffice, e tamén nas inmediatamente
anteriores.
Como ben sabedes LibreOffice integra "de oficio" desde hai bastantes
versións o Publicador Wiki, que permite enviar directamente documentos odt
a servidores MediaWiki.
Pero nas últimas versións esta opción non funciona -baixo Windows, non sei
baixo Linux- (está visible en Ficheiro > Enviar > A MediaWiki, pero ao
executala non arrinca a xanela que permite seleccionar o servidor MediaWiki
ao que mandala e darlle un título ao documento).
A extensión parece estar ben instalada (véxoa no Xestor de extensións, e
tamén teño o servidor de destino gravado en Ferramentas > Opcións >
Internet > MediaWiki. Pero na práctica non funciona.
Pensei que podería haber algún problema co Java, e desinstalei todas as
versións que tiña no equipo e instalei a última dispoñible en java.com.
Outra persoa con que consultei comentoume que ela conseguiu facer funcionar
o complemento desinstalando a versión actualizada de LOffice e instalando
unha máis antiga, en concreto a 4.0.6.
Se non hai outra solución intentarei facer o mesmo, pero paréceme unha
alternativa chunga, porque me impediría actualizar posteriores versións de
LOffice.
Acabo de descubrir que en
https://bugs.freedesktop.org/show_bug.cgi?id=69323está rexistrado un
erro practicamente idéntico.
Alguén podería axudarme?
Mil grazas.
Xusto Rodríguez
--
Correo a users+unsubscribe@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/users/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
Context
- [gl-users] Unha consulta sobre a opción "Enviar a MediaWiki" en LOffice 4.1.4.2 · Xusto Rodríguez Río
Privacy Policy |
Impressum (Legal Info) |
Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images
on this website are licensed under the
Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License.
This does not include the source code of LibreOffice, which is
licensed under the Mozilla Public License (
MPLv2).
"LibreOffice" and "The Document Foundation" are
registered trademarks of their corresponding registered owners or are
in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective
logos and icons are also subject to international copyright laws. Use
thereof is explained in our
trademark policy.