Agora que acaba de saír a 4.3.3
Aí atrás, bastantes meses a verdade, comentei a oferta da Document
Foundation para abrir unha instancia a varios idiomas nas comunidades
que estivesen interesadas.
Naquel momento eu considerei que non nos conviña en galego e por iso
deleguei en quen quixese levalo adiante que fixese as xestións e se
encargase. As miñas razóns eran polo seguinte
- Necesitábamos xente para xestionar ese servizo, e xa hai pouca para
o labor fundamental do NL que é manter e avanzar na tradución de
recursos do proxecto.
- O software que utiliza LibreOffice é o Askbot, que non estaba
traducido ao galego
- Non vía eu funcional por falta de masa crítica un servizo de
preguntas e respostas só en galego para LibreOffice. Baseábame para
iso na miña experiencia e intuición (os foros de mancomún, trasno,
ciberirmandade e outros que foron aparecendo/desaparecendo). É dicir
non compensa. Como tampouco compensa en ningún outro proxecto (Ubuntu,
Google, etc)
Xa nese momento se vía que o único que podía ter sentido era un sitio
onde estivese todo e que puidese ser compartido por todas as
comunidades e todo tipo de participantes (usuarios, estudantes,
profes, desenvolvedores, creativos, etc)
A onde vou é que a OSL das universidades galegas acaba de abrir un
servizo que pretende ser ese punto de unión e colaboración. Gustariame
que se lle dese todo o apoio posible xa que non nace teledirixido a
nada, está aberto non só á participación senón á propia administración
e xestión da comunidade (meritocracia + apoio institucional).
Por se alguén necesita aclaracións, fíxose o enorme esforzo de
traducir o Askbot (en Transifex) que logo non funcionou, e levoume
máis de un ano poñer o servizo este a andar pero agora eu xa son un
simple membro máis, non estou na OSL, nin pretendo gobernar nada.
Creo que a OSL é un excelente sitio para este servizo, xa que non
depende de ningún poder político partidario directo, senón colexiado e
nas universidades hai comunidade de usuarios e especialistas de sobra
como para "alimentar" con preguntas e respostas interesantes o
Preguntoiro. Moitos deles son tamén membros das comunidades de
proxectos de software libre; nin está sometido a ningunha empresa nin
aos avatares de ningunha asociación. A OSL pode pechar, claro, pero o
Consorcio (CIXUG) non o creo ou sempre se podería pedir a continuación
na infraestrutura, sobre todo se ten usuarios abondo e utilidade.
No que a esta comunidade atinxe anímovos a participar e pídovos o voso
parecer sobre consideralo "sitio oficial" preferente de consultas de
usuarios para LibreOffice e poñelo así no web do equipo galego (sen
eliminar a lista de users, claro). Eu creo que os usuarios de software
libre galegos e os galegofalantes sobre todo das xeracións máis novas
prefiren estes sistemas máis visibles e rexeitan as listas de correo e
sobre todo a eles debe ir enfocado un sitio de apoio. Tamén é un tema
que nos quitamos de enriba as distintas comunidades de tradución.
Aquí o sitio
http://preguntoiro.cixug.es
Opinións por favor?
Apertas,
Antón
--
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Galician community LibO & AOO
--
Correo a discuss+unsubscribe@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar