2013/2/5 Adrián Chaves Fernández <adriyetichaves@gmail.com>:
Home, sempre se podería anunciar como 100% traducida e incluír na nova
unha aclaración sobre o problema, e explicar que está pendente de que os
desenvolvedores o solucionen. Cando o fagan, pódese publicar unha nota,
máis curta, indicando que xa se solucionou e animando a descargar a nova
versión co arranxo.
Estou de acordo con Adrián. Así de paso xa temos para dúas novas en
vez de para unha.
Deica
O Martes, 5 de Febreiro de 2013 02:17:48 Anton Meixome escribiu:
Ola a todos,
A versión 4 sairá publicada segundo a previsión o día 6, é dicir, mañá.
Aínda non está dispoñible a nota de prensa para adaptala e publicar en
todos os idiomas.
Respecto da localización, está feita ao 100% en galego (xunto con
outros 28
idiomas entre os que non está o español !!) Supuxo máis ou menos unhas
3600
novas palabras e toda unha sección dedicada á localización de procesos
estatísticos pero hai un pequeno problema que a ver se se resolve:
Aparecen unhas 6 ou 7 cadeas sen localizar na RC3. Xa mandei un correo.
Parece que é un problema que só nos afecta a algúns idiomas. Pedin que
se
fixese unha nova RC pero supoño que como máximo sacarán unha nova
compilación xa definitiva.
O malo é que son cadeas que aparecen nos menús da Barra estándar e por
tanto son moi visibles (por exemplo Editar → Saír (que aparece como
"Exit
LibreOffice"). Se non se soluciona a tempo, teño a dúbida de se debemos
promocionala para o público galego ou agardamos a que se corrixa, que
sería
dentro dun mes.
Acaba de saír aínda o pasado día 3 a versión 3.6.5 á que non lle dou
máis
importancia porque a rama 3.6 xa é moi estable desde a versión 3.6.2. En
todo caso faria fincapé na 3.6.6 que será última e por tanto a máis
estable
(prevista para mediados de abril).
Calquera cousa xa sabedes... o correo é gratis
Un saúdo,
--
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en
http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán
borrar
--
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en
http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán
borrar
Privacy Policy |
Impressum (Legal Info) |
Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images
on this website are licensed under the
Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License.
This does not include the source code of LibreOffice, which is
licensed under the Mozilla Public License (
MPLv2).
"LibreOffice" and "The Document Foundation" are
registered trademarks of their corresponding registered owners or are
in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective
logos and icons are also subject to international copyright laws. Use
thereof is explained in our
trademark policy.