Date: prev next · Thread: first prev next last


Home, sempre se podería anunciar como 100% traducida e incluír na nova unha aclaración sobre o 
problema, e explicar que está pendente de que os desenvolvedores o solucionen. Cando o fagan, 
pódese publicar unha nota, máis curta, indicando que xa se solucionou e animando a descargar a nova 
versión co arranxo.

O Martes, 5 de Febreiro de 2013 02:17:48 Anton Meixome escribiu:
Ola a todos,

A versión 4 sairá publicada segundo a previsión o día 6, é dicir, mañá.

Aínda non está dispoñible a nota de prensa para adaptala e publicar en
todos os idiomas.

Respecto da localización, está feita ao 100% en galego (xunto con outros 28
idiomas entre os que non está o español !!) Supuxo máis ou menos unhas 3600
novas palabras e toda unha sección dedicada á localización de procesos
estatísticos pero hai un pequeno problema que a ver se se resolve:

Aparecen unhas 6 ou 7 cadeas sen localizar na RC3. Xa mandei un correo.
Parece que é un problema que só nos afecta a algúns idiomas. Pedin que se
fixese unha nova RC pero supoño que como máximo sacarán unha nova
compilación xa definitiva.

O malo é que son cadeas que aparecen nos menús da Barra estándar e por
tanto son moi visibles (por exemplo Editar → Saír (que aparece como "Exit
LibreOffice"). Se non se soluciona a tempo, teño a dúbida de se debemos
promocionala para o público galego ou agardamos a que se corrixa, que sería
dentro dun mes.

Acaba de saír aínda o pasado día 3 a versión 3.6.5 á que non lle dou máis
importancia porque a rama 3.6 xa é moi estable desde a versión 3.6.2. En
todo caso faria fincapé na 3.6.6 que será última e por tanto a máis estable
(prevista para mediados de abril).

Calquera cousa xa sabedes... o correo é gratis

Un saúdo,




-- 
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Context


Privacy Policy | Impressum (Legal Info) | Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images on this website are licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License. This does not include the source code of LibreOffice, which is licensed under the Mozilla Public License (MPLv2). "LibreOffice" and "The Document Foundation" are registered trademarks of their corresponding registered owners or are in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective logos and icons are also subject to international copyright laws. Use thereof is explained in our trademark policy.