Date: prev next · Thread: first prev next last


2011/2/11 Anton Meixome <meixome@certima.net>:
2011/2/10 Leandro Regueiro <leandro.regueiro@gmail.com>:
2011/2/10 Anton Meixome <meixome@certima.net>:
Xa revisei todas estas cousas e comento algo:

Efectivamente están en OpenOffice.org e non en LibreOffice. Na
plataforma Pootle de cada un quero dicir. Como a inmensa maioría eran
evidentes simplemente corrixín.


O erro de outline (contorno/esquema) era sorprendentemente grave pola
gran cantidade de casos que había. Espero telos corrixido todos ben.
Laborioso.

Que tradución usas ao final?

Pois depende. Ese é o tema. Case todas estaban automaticas: outline>
esquema pero resulta que como moi ben di Xosé, unhas veces é iso,
esquema, estrutura de contido/datos (por exemplo na xestión de niveis
de títulos) pero outras é contorno, liña, bordo (xestión do tipo de
letra).

Así que depende do contexto uso esquema/contorno

En Inkscape, se mal non lembro, hai un «outline mode» que consiste en
que elimina todos os adornos do que se ve no lenzo do Inkscape, de
forma que só se mostra o trazo (contorno se queres) de forma que se
tes un debuxo moi recargado é máis fácil distinguir as cousas e
traballar con elas, e tamén sobrecarga menos o ordenador.

Non me pareceu correcta esta e non a fixen

   Di "Idioma de" "Interface de usuario" e no selector pon
"Predefinido - Galego"; debería ser "Predefinida - Galego"

Forma parte dunha lista de idiomas (que son masculinos) así que eu
entendo que "Default" aquí vai máis ben co sentido de "galego como
predeterminado"  ou "idioma de" e non con "Interface de usuario" e por
tanto rexe masculino. O mesmo para a moeda.

Queda aínda pendente a mala tradución de "Title pages" por "Titulos de
páxina". Está claro que como mínimo será ao revés, algo así como
páxinas titulares(?) pero pode ser mellor pensar un pouco no
"concepto" xa que a tradición editorial anglosaxona e a latina son
diferentes. Refírese a unha parte dun libro, informe, etc.

Penso que pode acaer mellor algo relativo a portada ou algo polo
estilo. Estoume documentando sobre o asunto e consigno aquí os nomes
das páxinas que que aparecen antes do corpo dun texto en procesos de
edición (que entendo deben ser a nosa referencia porque a función de
Title pages tende á produción de documentos formalizados)

Páxinas previas, páxinas iniciais, prego de inicio, prego de principios:
    Páxinas de cortesía
    Anteportada
    Reverso de anteportada
    Portada (creo que é esta pero teño certamente dúbidas)
    Contraportada, páxina de dereitos, páxina de créditos, páxina de propiedade
    Foto de cortesía
    Dedicatoria
    Cita ou lema
    Páxina de agradecementos
    Índice


Por tanto, nada de cuberta ou tapa (que é a parte externa do libro)

Que vos parece por onde tiramos?

Pois primeiro definir o concepto, porque non sei exactamente de que
estamos falando.


É unha nova capacidade nos menús (Formato>*Títulos de páxina)

Vexo que ás veces se trata de modo impreciso "cover or title page" e
que incluso se traduce peor, porque a cover do inglés entendo que é a
nosa portada (non a cuberta). De feito non creo que se poida admitir
facilmente que no Writer poidas facer unha "cuberta". O que fas é unha
portada, anteportada, etc.

A miña dúbida é que creo que este menú quere agrupar/xestionar non só
a páxina na que poñemos o título do traballo ou unha ilustración con
título, autor, etc. senón que poden ser varias páxinas, todas antes do
corpo do texto, e cada unha con distintas funcións como expliquei
arriba. Por iso chamarlle "Páxina de títulos/titulares"...

Preferiría algo como "Páxinas de portada" ou directamente "Portada"

Anexo captura da caixa de diálogo (mal traducida)

Non vexo o anexo.

Pero xa sen ver o anexo ocorréseme que igual se refiren a esas páxina
do inicio do capítulo ou do propio libro, nas que só aparece o título
do capítulo ou do libro con letra algo máis grande e igual con algún
tipo de letra máis bonita. No caso da páxina na que vén o título do
libro a veces téñoo visto seis ou sete páxinas despois de abrir a
cuberta do libro en si. Será iso?

Deica

-- 
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Context


Privacy Policy | Impressum (Legal Info) | Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images on this website are licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License. This does not include the source code of LibreOffice, which is licensed under the Mozilla Public License (MPLv2). "LibreOffice" and "The Document Foundation" are registered trademarks of their corresponding registered owners or are in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective logos and icons are also subject to international copyright laws. Use thereof is explained in our trademark policy.