Date: prev next · Thread: first prev next last


Xa revisei todas estas cousas e comento algo:

Efectivamente están en OpenOffice.org e non en LibreOffice. Na
plataforma Pootle de cada un quero dicir. Como a inmensa maioría eran
evidentes simplemente corrixín.


O erro de outline (contorno/esquema) era sorprendentemente grave pola
gran cantidade de casos que había. Espero telos corrixido todos ben.
Laborioso.

Non me pareceu correcta esta e non a fixen

    Di "Idioma de" "Interface de usuario" e no selector pon
"Predefinido - Galego"; debería ser "Predefinida - Galego"

Forma parte dunha lista de idiomas (que son masculinos) así que eu
entendo que "Default" aquí vai máis ben co sentido de "galego como
predeterminado"  ou "idioma de" e non con "Interface de usuario" e por
tanto rexe masculino. O mesmo para a moeda.

Queda aínda pendente a mala tradución de "Title pages" por "Titulos de
páxina". Está claro que como mínimo será ao revés, algo así como
páxinas titulares(?) pero pode ser mellor pensar un pouco no
"concepto" xa que a tradición editorial anglosaxona e a latina son
diferentes. Refírese a unha parte dun libro, informe, etc.

Penso que pode acaer mellor algo relativo a portada ou algo polo
estilo. Estoume documentando sobre o asunto e consigno aquí os nomes
das páxinas que que aparecen antes do corpo dun texto en procesos de
edición (que entendo deben ser a nosa referencia porque a función de
Title pages tende á produción de documentos formalizados)

Páxinas previas, páxinas iniciais, prego de inicio, prego de principios:
     Páxinas de cortesía
     Anteportada
     Reverso de anteportada
     Portada (creo que é esta pero teño certamente dúbidas)
     Contraportada, páxina de dereitos, páxina de créditos, páxina de propiedade
     Foto de cortesía
     Dedicatoria
     Cita ou lema
     Páxina de agradecementos
     Índice


Por tanto, nada de cuberta ou tapa (que é a parte externa do libro)

Que vos parece por onde tiramos?




2011/1/19 Anton Meixome <meixome@certima.net>:
2011/1/14 Antón Méixome <certima@certima.net>:
Ola Xosé,

Reenvío isto á lista correspondente (discuss@gl.libreoffice.org) para tratalo

Grazas


---------- Forwarded message ----------
From: Xosé <xosecalvo@edu.xunta.es>
Date: 2011/1/13
Subject: LibreOffice
To: proxecto@trasno.net


Acabo de instalar o LibreOffice e decidin darlle unha vista rápida.
Observei o seguinte:

[Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Xeral]

Abrir/Gardar caixas de diálogo -> Caixas de diálogo para abrir e gardar

[Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Memoria]

Eliminar da memoria despois -> ... despois de/transcorridas/pasadas

En Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Ver hai varias palabras que se ven
cortadas (pantalla, letra) porque o diálogo non se pode aumentar.
Acontece noutros lugares do mesmo diálogo. En [Formato/Título de
páxina] mesmo se sobrepoñen as palabras.

[Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Camiños]

Camiños -> Rutas (segundo acordo recente)

[Ferramentas/Opcións/Cargar\/Gardar/Compatibilidade con HTML]

Usa 'Inglés (EUA)' para os números -> Usar «Inglés (EUA)» para os números

[Ferramentas/Opcións/Configuración de idioma/Idiomas]

Di "Idioma de" "Interface de usuario" e no selector pon "Predefinido -
Galego"; debería ser "Predefinida - Galego"

ídem para Configuración local e Moeda predeterminada

[Ferramentas/Opcións/LibreOffice Writer/Táboa] -> Táboas

[Ferramentas/Opcións/Internet/Correo electrónico]

Enviando documentos como anexos de correo electrónico -> Envío de...

[Formato/Carácter/Efectos do tipo de letra]

Esquema -> Contorno ("outline" en inglés pode ser o esquema dun texto,
que tamén existe en LibreOffice ou, como neste caso, o contorno das
letras).

[Formato/viñetas e numeración/Posición]

Na secuencia "Numeración seguida por" [opcións], debe seguir "a" [X
cm] e non "en".

Igualmente, "Aliñado á" -> "Aliñado a" e "Sangría á" -> "Sangría a"

[Formato/viñetas e numeración/Opcións]

No selector "Numeración", "Ningún" -> "Ningunha"

Xosé

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

--
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar





--
Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl




-- 
Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl

-- 
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Context


Privacy Policy | Impressum (Legal Info) | Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images on this website are licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License. This does not include the source code of LibreOffice, which is licensed under the Mozilla Public License (MPLv2). "LibreOffice" and "The Document Foundation" are registered trademarks of their corresponding registered owners or are in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective logos and icons are also subject to international copyright laws. Use thereof is explained in our trademark policy.