Date: prev next · Thread: first prev next last


Moitas grazas Antón e a todos os que traballaches para acadar o logro.

Dani

En 30/07/14 10:25, Anton Meixome escribiu:
Por se alguén interesado non está ao tanto.

http://gl.libreoffice.org/descarga/

Ao desaparecer o dominio que viña usando para o mantemento informativo
no blog (http://blog.openoffice.gl/) que abandono despois de 5 anos
porque considero que xa non é a forma apropiada, comunicarei as
novidades do proxecto de tradución pola lista principalmente. A ver a
que prezos saen os novos dominios .gal a ver se nos compensa.

A nova versión supuxo unhas 7000 palabras de tradución da interface e
ofrécese como sempre traducida ao 100%. Non notaredes apenas cambios
agás algunha mellora de redución de largura dos menús. Nesta ocasión
hai que agradecer o tempo que a OSL das universidades me permitiu
dedicarlle para tela traducida a tempo. Por estas razóns a nota de
prensa oficial da saída da nova versión se publica no blog da OSL
http://osl.cixug.es/libreoffice-4-3-hoxe-por-hoxe-non-obtera-mellor-suite-ofimatica/

Tamén hai que agradecerlle a Xosé a tradución da páxina do wiki con
todos os detalles das novidades
https://wiki.documentfoundation.org/ReleaseNotes/4.3/gl (@Xose: se
podes mira a ver de actualizala á versión final)

A vindeira versión interesante será a 4.3.1 (a que se recomenda para
todo tipo de instalacións e usuarios) será na segunda quincena de
agosto e igual non estou pendente por descanso.

Segue pendente unha revisión e harmonización en profundidade da
nomenclatura das funcións estatísticas e matemáticas e por suposto
segue aí a inxente tradución da Axuda. Con todo foise avanzando neste
tema, mentres non se faga de modo sistemático iremos arranxando
directamente os problemas que os usuarios indiquen.

Sen máis novidades desde a coordinación

Un saúdo e feliz verán





--
Correo a discuss+unsubscribe@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Context


Privacy Policy | Impressum (Legal Info) | Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images on this website are licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License. This does not include the source code of LibreOffice, which is licensed under the Mozilla Public License (MPLv2). "LibreOffice" and "The Document Foundation" are registered trademarks of their corresponding registered owners or are in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective logos and icons are also subject to international copyright laws. Use thereof is explained in our trademark policy.