Date: prev next · Thread: first prev next last


2012/9/18 Anton Meixome <meixome@certima.net>:
2012/9/18 Leandro Regueiro <leandro.regueiro@gmail.com>

Ola,
por se non o sabedes hai pouco rematouse a tradución do manual de
Libreoffice Writer. Agora mesmo estamos (estou) recollendo as imaxes e
capturas de pantalla localizadas para incluír na versión definitiva.

Deica

Esta mensaxe estaba pendente.

Respecto da creación de documentación no proxecto LibO.

A versión do Manual oficial de Writer 3.3 foi traducida polos alumnos do
Máster Multimedia da Uvigo, mediante o convenio vixente entre Trasno e a
Universidade. Comezouse a finais do ano pasado.

http://wiki.documentfoundation.org/Documentation/Publications

Por parte de Trasno, contouse con Miguel Bouzada e comigo mesmo para o
seguimento do convenio. Pola miña parte, tamén como coordinador de Libo,
revisei a versión previa da maior parte dos capítulos en contacto coa
coordinadora dos alumnos. Aplicáronse as correccións e escollas de
terminoloxía e convencións de estilo adecuadas e finalizouse o traballo a
mediados do mes de agosto.

En resumo.
Temos por fin case dispoñible o primeiro Manual oficial de Writer de LibO
(son máis de 400 páxinas).

Digo case porque o traballo de tradución só se fixo sobre o texto, pero
falta por actualizar e localización toda a parte da ilustración e capturas.

Publicarase para o acceso libre tanto no wiki galego de LibO como na páxina
do equipo no web oficial. gl.libreoffice.org nunha sección Documentación que
aínda está pendente.

Finalmente,

Está previsto que Trasno faga unha tirada de exemplares en papel para poder
distribuír nas actividades que realiza. Dependemos do financiamento. A idea
é que poida estar dispoñible para a xornada de localización na Uvigo, a
finais do mes que vén.

Esa tirada necesitará unhas cubertas específicas para distinguila, xa que o
promotor da edición será Trasno.

Veremos se é factible ter unha edición de copias impresas para vender, co
que se recuperaría algo do financiamento de Trasno e poderiamos conseguir
algo para LibO.

A versión 3.4 ten unhas cubertas específicas, xeitosas pero a versión 3.3,
non.

http://www.odfauthors.org/libreoffice/english/writer-guide/published-lo-3.4/wg3.4-front-cover/view

http://www.odfauthors.org/libreoffice/english/writer-guide/published-lo-3.4/wg3.4-back-cover/at_download/file

Falta por facer:

- As capturas de pantalla, que son unhas 400 (Leandro, Antón)

Perdón pola corrección, pero son máis ben 470, e non só son capturas,
xa que algunhas imaxes precisan modificacións adicionais: incluír
textos en galego, frechas, números, recurtalas, etc.

- As páxinas correspondentes de Sección Documentación no wiki (Antón, ?)
- A sección Documentación no web de LibO (Antón)

- A xestión institucional coa xente do Máster (Antón)
- A xestión da impresión (Miguel)

Seguro que hai máis cousas... pero é unha boa noticia para o proxecto galego
de LibO ter isto ás portas.


Saúdos,

Antón

Deica

-- 
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Context


Privacy Policy | Impressum (Legal Info) | Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images on this website are licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License. This does not include the source code of LibreOffice, which is licensed under the Mozilla Public License (MPLv2). "LibreOffice" and "The Document Foundation" are registered trademarks of their corresponding registered owners or are in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective logos and icons are also subject to international copyright laws. Use thereof is explained in our trademark policy.