Date: prev next · Thread: first prev next last


Ola a todos,

A Document Foundation está a implantar un novo recurso para usuarios
de LibreOffice.
Trátase dun sistema de foro de preguntas e respostas
http://ask.libreoffice.org/questions/

Semanas atrás as listas de LibreOffice estiveron inzadas de discusións
enormes e eternas sobre se implantar un sistema de foros oficial ou
continuar só coas listas de correo para a asistencia, deixando a
iniciativa dos foros a proxectos particulares ou satélites do proxecto
LibreOffice.
En resumo, quedou a cousa en que "se podía probar" xa que hai división
de opinións e diversas propostas de software en probas. As discusións
foron moi profundas e produtivas e como nada hai perfecto, tamén se
entende que o sistema de foros públicos son hoxe en día unha
ferramenta con grandes carencias e limitacións. Había que buscar unha
ferramenta máis acaída e entre outras propúxose un sistema tipo
http://askbot.com/ pero adaptado e evolucionado ás necesidades e
preferencias de LibreOffice.

De feito estase aínda traballando nos problemas de login, sistema de
buscas, internacionalización e categorización... pero sorpresivamente
xa está en liña e anunciado por Florian no blog oficial. Ás veces é
difícil acreditar na "organización" do desenvolvemento de LibreOffice.

Saúdos,

-- 
Antón Méixome - TDF member 105
Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl

-- 
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Context


Privacy Policy | Impressum (Legal Info) | Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images on this website are licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License. This does not include the source code of LibreOffice, which is licensed under the Mozilla Public License (MPLv2). "LibreOffice" and "The Document Foundation" are registered trademarks of their corresponding registered owners or are in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective logos and icons are also subject to international copyright laws. Use thereof is explained in our trademark policy.