Date: prev next · Thread: first prev next last


Estiven buscando información básica sobre como debemos proceder para
comunicar bugs.
Aínda que teoricamente a información está aquí
http://wiki.documentfoundation.org/BugReport
a realidade é un chisco distinta, así que me parece necesario darvos
información.

Animo seriamente a que nos comprometamos a facer algo de control de
calidade porque é moi necesario. Non hai moita xente facéndoo e mesmo
os distintos sistemas como o Litmus que van ser a plataforma de tests
normalizados están en pleno desenvolvemento así que as cousas aínda
van un pouco informalmente e hai que apoiarse moito nas persoas
directamente.


Creei unha conta no bugzilla, que é o sistema no que se rexistran

https://bugs.freedesktop.org/

De todas maneiras os desenvolvedores non recomendan enviar as cousas
aí se non se coñece ben o que se está a facer.

As normas para cubrir un informe no sistema están aquí

http://wiki.documentfoundation.org/BugReport_Details

Cada versión de LibO ten o que se chama un "metabug" no que se
recollen todos os informes particulares correspondentes e serve para
que os desenvolvedores de código se organicen.
Ese metabug chámanlle por exemplo este que é válido para toda a serie 3.x.x

«Bug 35673 - LibreOffice 3.4 most annoying bugs»


Recoméndase en todo caso, sen entrar en maiores complicacións
comunicar os problemas na lista

[tdf-discuss] ou ben na lista de [users}]

Tamén, por suposto, se aceptan informes nas nosas listas,
especialmente esta mesma <discuss@gl.libreoffice.org>

Como facer?

- comentar o problema e preguntar se hai alguén que o poida confirmar
- pedir a alguén que cubra o informe do bug no Bugzilla
- mandar un "borrador" de informe
- mandar un correo privado a algún dos responsables (conforme a lista
que enviei antes, por exemplo)

Axuda moito diferenciar entre problemas das novas funcionalidades ou
problemas de regresión, cando algo que funcionaba ben agora falla.

O mesmo se pode dicir sobre a solicitude de novas funcionalidades.
Sempre a través das listas.

http://www.libreoffice.org/get-help/mailing-lists/


-- 
Antón Méixome - TDF member 105
Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl

-- 
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Context


Privacy Policy | Impressum (Legal Info) | Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images on this website are licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License. This does not include the source code of LibreOffice, which is licensed under the Mozilla Public License (MPLv2). "LibreOffice" and "The Document Foundation" are registered trademarks of their corresponding registered owners or are in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective logos and icons are also subject to international copyright laws. Use thereof is explained in our trademark policy.