Temos outro par de boas novas
A vindeira versión do sistema operativo dos computadores do Proxecto
Abalar contarán coa "suite" ofimática LibreOffice.
Como sabedes Abalar é o proxecto de implantación de Swl máis
importante do país. Ante certas dificultades de implantación que
viñeron sufrindo nos últimos meses parece que os xestores do proxecto,
aconsellados polas empresas consultoras que están apoiando o proceso
de despregamento, están tomando medidas drásticas co fin de
garantizalo ou evitar problemas.
A vista dos tumbos dados pola multinacinal estadounidense Oracle,
propietaria da marca OpenOffice.org, e as dificultades que a
comunidade internacional de tradutores tiña no seu traballo, a
adopción de LibreOffice é unha decisión que aplaudimos xa que esta
"suite" está coidada ata no último detalle pola comunidade, o que
supón, no nos atinxe dun xeito máis directo, poder tela ben traducida,
sen atrancos e cunha gran vocación de futuro.
LibreOffice polo contrario leva unha progresión de mellora acelerada,
ben encamiñada, e co futuro desenvolvemento garantido.
A segunda noticia é que terei oportunidade de presentar LibreOffice a
un público moi amplo o vindeiro xoves, día 19 no Centro Multimedia de
Galicia, nunha xornada organizada pola Secretaría Xeral de Política
Lingüística "Letras galegas e TIC". Convidáronme persoalmente como
membro coordinador de LibreOffice en Galicia.
http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas_e_internet
A miña idea básica é explicar de onde vén LibreOffice, que achega ao
galego, como funciona a comunidade, que obxectivos e recursos ten... e
posicionar LibreOffice como a mellor opción para todo tipo de usuarios
(particulares, empresas e institucións) grazas a que está baseada en
estándares e gobernada por unha comunidade aberta que a pon por riba
de intereses contrarios aos usuarios.
Se podo, falarei do estado e melloras da nova versión do corrector
ortográfico e do desenvolvemento do dicionario de sinónimos no que
estou traballando para publicar a finais deste ano. Se podo tamén
farei un chamamento á colaboración de persoas, empresas e institucións
que neste momento non están neste proxecto, e deberían porque están
noutros peores.
Teño uns días moi atarefados por diante e con moi pouco tempo así que
agradecería as vosas achegas, ideas para que a nosa presenza non pase
desapercibida entre tanta institución, empresas e multinacionais.
Un saúdo,
Antón
--
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
Context
- [gl-discuss] Progresos de LibreOffice en Galicia · Antón Méixome
Privacy Policy |
Impressum (Legal Info) |
Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images
on this website are licensed under the
Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License.
This does not include the source code of LibreOffice, which is
licensed under the Mozilla Public License (
MPLv2).
"LibreOffice" and "The Document Foundation" are
registered trademarks of their corresponding registered owners or are
in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective
logos and icons are also subject to international copyright laws. Use
thereof is explained in our
trademark policy.