Date: prev next · Thread: first prev next last


Xenial!

En plan oficial
Como coordinador da comunidade galega de LibO quero anunciarvos que
temos unha oferta formal para establecer un servidor de réplica para o
proxecto LibO.

A oferta chégame oficialmente de Galpón (Grupo de Usuarios de LInux de
Pontevedra) a través do seu presidente Miguel Bouzada despois
dalgunhas conversas informais sobre o asunto a partir da celebración
do DFD que tivo lugar en Vigo. Galpón acaba de aprobar en Xunta
Directiva ofrecer 20 GB cunha conexión de alta dispoñiblidade e
encargarse totalmente da configuración e mantemento da réplica.

Naquel momento eu queixeime de que mentres que para OOo.org temos
desde hai anos un servidor de réplica para OOo.org en Galicia
(ftp.udc.es), os responsables del non manifestaran por ningún medio a
intención de apoiar a LibO (tampouco o contrario, hai que dicir).

A TDF está a establecer nestes momentos unha rede de réplicas para
asegurar a mellor distribución das distintas versións. O ciclo de
publicación de versións de LIbO vai ser moito máis frecuente e,
daquela, pesado que o que estabamos afeitos na comunidade de orixe
OOo.org. Por tanto, os requirimentos técnicos son maiores así como o
proceso é moito máis aberto, xa que a TDF publicou unha guía
internacional aberta de construción de réplicas para que nin sequera
fose necesario pedir permiso. Nin á TDF nin a ninguén.

http://download.documentfoundation.org/mirroring.html

Ademais, como sabedes, a TDF é totalmente autónoma verbo de
patrocinadores ou promotores empresariais e está totalmente en mans da
comunidade. Non hai unha Sun Microsistems detrás, así que asegurar a
infraestrutura tamén forma parte básica das posibilidades de
colaboración da comunidade. Tamén por iso hai que agradecerlle a
Galpón o feito de que antes de que entre en funcionamento se puxese en
contacto con esta comunidade para darme a oportunidade de presentar a
réplica como un apoio galego á Fundación e a LibreOffice.

A importancia de ter unha réplica galega maniféstase en varios
sentidos. O sistema de réplicas fai robusto, accesible e escalable o
proxecto, ter unha réplica é unha colaboración importante nun proxecto
de SwL, proporciónanos un coñecemento máis profundo del e atríbúenos
méritos dentro da comunidade global e finalmente constitúe unha
demostración da capacidade da comunidade galega á que se lle
proporciona un punto de acceso propio e direct ao proxecto completo
(non só ás versións finais) ante nós mesmos, os usuarios galegos e os
membros da nosa comunidade.

En resumo. En poucos días teremos un primeiro servidor de réplica
fornecido por Galpón e ofréceseme a posibilidade de anuncialo á TDF
como unha contribución galega. Quero agradecerllo en nome da
comunidade e por iso vos informo por se tedes algún comentario,
pregunta ou suxestión que vaia no camiño de mellorar a nosa
integración e beneficiarnos mellor do proxecto LibreOffice, que é do
que se trata.

Unha aperta a todos e todas.

<vai directo para o blog tamén>

-- 
Antón Méixome -  TDF member 105
Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl

-- 
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Context


Privacy Policy | Impressum (Legal Info) | Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images on this website are licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License. This does not include the source code of LibreOffice, which is licensed under the Mozilla Public License (MPLv2). "LibreOffice" and "The Document Foundation" are registered trademarks of their corresponding registered owners or are in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective logos and icons are also subject to international copyright laws. Use thereof is explained in our trademark policy.