Date: prev next · Thread: first prev next last


era

replico aquí, por se hai problemas...

 Unhas notas sobre a actividade que poden servir de base para que elaboredes
as vosas entradas nos vosos web.



 O Día da liberdade dos Documentos <http://www.documentfreedom.org/> é unha
iniciativa levada adiante por organizacións do campo do acceso ao
coñecemento, a non discriminación e o software libre, segundo iniciativa da
FSF <http://fsfe.org/> (Free Software Foundation) en todo o mundo. O próximo
mércores 30 de marzo, adicaremos a xornada a chamar a atención sobre a
importancia de conservar os documentos dixitais que empregamos en formatos
libres e baixo estándares abertos.

O noso obxectivo é promover a adopción de formatos de documentación abertos,
integrar unha rede global e coordinar actividades para difundir a
importancia destes conceptos en éra dixital. Nun momento en que boa parte do
noso traballo está a ser xestionado a través de sistemas informáticos, os
formatos e estándares abertos son un tema esencial para conservar a
liberdade e resgardar os nosos documentos cara ao futuro.
Imaxine que vostede comprase un televisor que só puidese recibir sinais
dunha soa empresa. Ou empregase un teléfono que só se puidese comunicar con
teléfonos desa mesma empresa e non outros.

Iso pasa todo o tempo no campo informático: un sistema de mensaxeira
instantánea que non se comunica con outro. Un documento de texto que se abre
cun só procesador de texto. Un vídeo que só se ve cun reprodutor
determinado. Un sitio web que é accesible desde un único navegador. Este
tipo de feitos serían inadmisibles en calquera outro campo, e con todo, son
comúns na comunicación mediada por computadoras.

Cantas veces ocorreu que ficheiros gardados nun formato privativo tornáronse
inaccesibles logo de que o provedor do software abandonara a asistencia ao
mesmo? Cantas veces viuse obrigado a conseguir un programa específico dunha
empresa en particular, porque alguén lle enviou un ficheiro importante nun
formato que só se pode abrir coa última versión dun programa desa única
empresa?Cantas veces topouse cun sitio gobernamental que o obrigaba a usar o
software dun só provedor para exercer os seus dereitos como cidadán?

Construír un ecosistema informático no cal múltiples provedores convivan, os
cidadáns teñamos o dereito a elixir sen temor a sufrir discriminacións, os
formatos estean libres de patentes e restricións legais para a súa
implementación e póidase estudar como están construídos para preservalos a
futuro, é unha das tarefas fundamentais para quen velamos polo libre acceso
ao coñecemento, o respecto aos dereitos cidadáns en Internet, a perennidade
dos datos e a igualdade de cidadáns ante a lei. Chamar a atención sobre este
tema permitiranos construír un modelo de comunicación dixital onde ningunha
persoa sexa discriminada ou tratada con menores beneficios que outra polo
software que emprega. En particular, preocúpanos especialmente cando é o
Estado o que xestiona as súas comunicacións de modo tal que discrimina a
quen utilizan software libre e beneficia ou mantén a posición dominante
dunha soa empresa ao requirir o uso dos seus produtos para comunicarse coa
Administración Pública.

Por estas razóns, invitamos á cidadanía a achegarse ao evento do Día da
liberdade dos documentos, o vindeiro mércores 30 de marzo, desde as
12:00horas na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade
de Vigo [ver
mapa<http://maps.google.es/maps/ms?source=s_d&saddr=42.429163,-8.645557&daddr=&geocode=&hl=es&mra=mift&mrsp=0&sz=16&ie=UTF8&t=h&msa=0&msid=200351834687391967288.00049381b06374becf4d3&z=18>].




 NOTA: a hora aínda está por determinar




2011/2/15 Anton Meixome <meixome@certima.net>

Era un anexo?


2011/2/15 Miguel Bouzada <mbouzada@gmail.com>:
Elaborei unhas notas pensando no noso web, e quero compartilas con todos
vos
a fin de que poidan servir de base para os que tendes menos tempo para
facer
novas nos vosos web.

--
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en
http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán
borrar




--
Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl

--
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en
http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán
borrar



-- 
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Context


Privacy Policy | Impressum (Legal Info) | Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images on this website are licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License. This does not include the source code of LibreOffice, which is licensed under the Mozilla Public License (MPLv2). "LibreOffice" and "The Document Foundation" are registered trademarks of their corresponding registered owners or are in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective logos and icons are also subject to international copyright laws. Use thereof is explained in our trademark policy.