Date: prev next · Thread: first prev next last


Olá,

O día 30 deste mes celebrarase en todo o mundo o Document Freedom Day
2011 promovido, entroutras entidades, pola FSFE.

A través dun contacto político volvín a falar con Karsten Gerloff,
presidente da FSFE, e con Fernanda Weiden, ambos xa coñecidos e
atopados de novo na pasada edición do FISL11 de Porto Alegre.

A idea da "Document Freedom Day 2011" é concienciar sobre a necesidade
de empregar estándares abertos e aproveitar o impacto mediático para,
como mínimo, promocionar ás partes interesadas: AGASOL, asociacións,
oficinas de SwL...

Como vedes a idea de facer un mini-encontro DFD'11 nalgures? P.ex. con
esta axenda:
-Reunión AGASOL, GUGLs e OSL
-Encontro con responsables políticos e AGASOL
-Declaración pública perante medios de comunicación
-Comida comunitaria (claro!)
-sesión de traballo técnica e de localización da LibreOffice

Poderíamos facelo nunha sala da ETSE se tal ;)

A máis, se Galicia saíra seleccionada para organizar a vindeira Libre Sw
World Conference poderíamos aproveitar a sinerxia para que se celebre
nela o I Encuentro LibreOffice España.

aps.

-- 
Roberto Brenlla
CKO en C.T.I. TEGNIX, S.L.
http://brenlla.tegnix.com
http://www.tegnix.com
http://www.agnix.org   
Identi.ca, Jabber.org, GTalk, Facebook, Twitter, Skype... => brenlla
GNU/Linux user #124.437 since 1997

-- 
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Context


Privacy Policy | Impressum (Legal Info) | Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images on this website are licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License. This does not include the source code of LibreOffice, which is licensed under the Mozilla Public License (MPLv2). "LibreOffice" and "The Document Foundation" are registered trademarks of their corresponding registered owners or are in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective logos and icons are also subject to international copyright laws. Use thereof is explained in our trademark policy.