Date: prev next · Thread: first prev next last


Ola Cristina e benvida á lista oficial de coordinación de LibreOffice en galego.

Moita falta fai o de meterlle o dente á Axuda en liña.
Moito ánimo e tómao como algo do que se goza e se aprende, sempre.
Como consello, é preferible que te poñas un ritmo de cadeas diarias ou
semanais a que te metas unha zampada esporádica e te desanimes. Cando
eu comecei, traducía unhas 50 cadeas diarias (sen TMX, nin glosario,
nin nada...) co tempo son bastante capaz de dobrar diariamente esa
media. En revisión poden ser unhas 300 diarias cando estou a iso.

Ás veces, iso si, unha cadea lévame un día enteiro. Así que xa ves que
cada un debe levar a cousa co seu propio ritmo. Constancia é o único
importantísimo. Xa tes os permisos para acceder e traducir en Pootle.

Procedemento:
- Anunciar o que se vai facer, o cartafol ou o ficheiro no que se vai
traballar para aviso de todos
- Avisar cando remates algún ficheiro ou unha tacada de cadeas para
facer a revisión, por medio desta lista.
- Non dubides nin un instante en preguntar calquera dúdiba ou en pedir
opinión. Se ninguén responde, quedará ao teu criterio.
- Sobre estilo e terminoloxía temos unha certa tradición e unhas
recomendacións de criterio. Hai que seguilas
- A miña principal responsabilidade como coordinador é garantir unha
colaboración eficiente e manter correctamente informados a todos os
interesados.

@todos/as

Por se acaso, para os que son antigos seguidores do proxecto (antes
OOo.org e agora LibO/AOO)  aclaro unha cuestión.

Nos tempos de OpenOffice.org había dúas cuestións moi distintas: a
Axuda que viña incorporada coa suite cando a instalabas e o Wiki de
axuda. A Axuda nunca pasou do 50% de nivel de tradución desde o 2000
cando se inicia o proxecto e, de feito, ao non rematar esta fase, o NL
(Equipo de Lingua Nativa galego nunca pasou do nivel 2 ao nivel 1,
onde se pasaba de traducir a producir comunidade social. Respecto do
Wiki, pois aínda peor, non recordo nin unha soa páxina do antigo Wiki
traducida. É ben certo que, nesa etapa, chegar a obter os permisos e
mesmo traducir e facer compilacións, probas, informes, etc era
suficientemente complexo como para que, sempre con pouca xente e
discontinua, non se podía chegar a máis.

Agora en LibreOffice decidíronse desde o principio novas regras.
A Axuda "empaquetada" xa non se inclúe na descarga co obxectivo de
diminuír a sobrecarga de servidores e facilitar a difusión en gran
parte do mundo onde o largo de banda de conexión é un grave problema
(América Latina, Asia, África, zonas rurais por todo o mundo,...)

Fusionaranse o Wiki e a Axuda de modo que tanto a Axuda que se
empaquetará para descarga opcional como para consulta en liña sexa a
mesma e sostible no esforzo da comunidade. Este é o proceso que está
en marcha: conversión da antiga Axuda en formato Wiki, e proceso
inverso para poder facer o paquete de descarga.

Esa é a razón pola que aínda non se pode traducir a Axuda no Wiki,
está en proceso de conversión. Así que se pode ir adiantando no Pootle
porque se trasladará ao futuro Wiki Help.

Apertas,

Antón



2012/3/25 Cristina Uceda Camba <cristinaucedacamba@gmail.com>:
Eu apúntome a traducir os contidos da axuda en liña cando faga falla.
Pódesme dar máis información cando o problema estea resolto?

Grazas, unha aperta.


--
Cristina Uceda Camba
Traductora EN/FR>ES
Traductora jurada EN>ES




-- 
Antón Méixome - TDF member 105
Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl

-- 
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Context


Privacy Policy | Impressum (Legal Info) | Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images on this website are licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License. This does not include the source code of LibreOffice, which is licensed under the Mozilla Public License (MPLv2). "LibreOffice" and "The Document Foundation" are registered trademarks of their corresponding registered owners or are in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective logos and icons are also subject to international copyright laws. Use thereof is explained in our trademark policy.