Date: prev next · Thread: first prev next last


De cando en vez un pouco de euforia non ven mal.

Os vindeiros días 19, 26 e 28 terá lugar en Santiago o IV Fiadeiro de
Localización. Entre outras cousas previstas vaise traducir un pouco da
Axuda en liña de LibO. En principio debería ser parte do wiki da
Axuda. Veremos porque detectei que aínda non se pode traballar aí.

http://help.libreoffice.org/Main_Page

Se non pode ser esa parte, seguramente cambiaremos por algo da Axuda
que estea en Pootle (moi necesitada) ou tamén do wiki xeral de
LibreOffice.


Por outra parte, comunícovos que algúns alumnos do Mestrado de
Tradución Audiovisual están traballando en colaboración con Trasno
para traducir o Manual do Writer.


Detectei un fallo na localización. Cando se instalan extensións
aparecen os botóns como

        \«Aceptar\» \«Eliminar\»

Nas cadeas de Pootle aparecen así

         \\«Acepta\\» \\«Eliminar\\» ... por exemplo

         Prema en \\«Aceptar\\» para activar a extensión.\n

Creo que o carácter de escape non é necesario, ou polo menos o dobre
escape paréceme absurdo ao utilizar as comas latinas, incluso creo que
non é necesario para introducir variábeis precedidas de coma simple.
Os outros idiomas, agás o castelań mantéñen eses caracteres, así que
tamén lles debería dar ese erro pero non vexo que ninguén o comente.
Voume arriscar a quitar. Déixoo así

          Prema en «Aceptar» para activar a extensión.\n

e con variábeis, en casos como

          You are about to install version $NEW of the extension \\'$NAME\\'.\n

          Vai instalar a versión $NEW da extensión $NAME.\n

Se alguén sabe que isto poida dar problemas por favor que o comunique.

Apertas,

Antón




-- 
Antón Méixome - TDF member 105
Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl

-- 
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Context


Privacy Policy | Impressum (Legal Info) | Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images on this website are licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License. This does not include the source code of LibreOffice, which is licensed under the Mozilla Public License (MPLv2). "LibreOffice" and "The Document Foundation" are registered trademarks of their corresponding registered owners or are in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective logos and icons are also subject to international copyright laws. Use thereof is explained in our trademark policy.