[Date Prev][Date Next][Thread Prev][Thread Next][Date Index][Thread Index]

Re: [gl-discuss] AccessODF


Pois si, coas actuais pantallas panorámicas hai moitísimas ferramentas
que serían moi cómodas nunha caixa á dereita.
De feito o port de OOo.org de IBM, o Symphony teno así e resulta moi
atractivo para o usuario.

Respecto da extensión, fai parella co odf2DAISY e odf2Braille. A
primeira creo lembrar que Javier Rial fixera tamén a tradución pero
non sei como está agora mesmo.



2011/11/30 damufo <damufo@gmail.com>:
> Boas:
> Interesante, e tamén a vista da columna lateral onde aparece a información
> (Ilustration 1) non sei se o teñen pensado pero por nese mesmo formato a
> xanela de estilos e formatado sería xenial (actualmente anda a súa bola
> nunha xanela independente)
>
> En 2011/11/30 02:04, Anton Meixome escribiu:
>
>> Acabo de rematar a tradución dunha extensión de Writer moi
>> interesante. Non só porque é unha ferramenta para producir documentos
>> accesibles para persoas con discapacidades senón que é útil en xeral
>> para calquera. Revisa e corrixe o formatado de moitos aspectos e
>> mostra un informe visual superatractivo.
>>
>> The extension does not only identify accessibility issues and provide
>> repair suggestions (like Microsoft Office 2010) but also provides
>> automatic or semi-automatic repair functionality where possible.
>>
>> A ver se o autor (un tal Christophe Strobbe da Katholieke Universiteit
>> Leuven) nola integra rápido e podémola gozar. Saíu o 8 deste mes.
>>
>> Máis detalles, aquí
>> http://accessodf.sourceforge.net/PressRelease_Extensions_20111108.pdf
>>
>> Forma parte do proxecto europeo Aegis
>> http://www.aegis-project.eu/
>>
>>
>>
>
> --
> Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
> O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán
> borrar
>



--
Antón Méixome - TDF member 105
Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl

--
Correo a discuss+help@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

References:
[gl-discuss] AccessODFAnton Meixome <meixome@certima.net>
Re: [gl-discuss] AccessODFdamufo <damufo@gmail.com>
Privacy Policy | Impressum (Legal Info) | Copyright information: Unless otherwise specified, all text and images on this website are licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 License. This does not include the source code of LibreOffice, which is licensed under the GNU Lesser General Public License (LGPLv3). "LibreOffice" and "The Document Foundation" are registered trademarks of their corresponding registered owners or are in actual use as trademarks in one or more countries. Their respective logos and icons are also subject to international copyright laws. Use thereof is explained in our trademark policy.